Obradoiro de Emprego FORMAWEB III, no cal un total de 15 alumnos/as traballadores/as, incluídos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, reciben formación profesional para o emprego dirixida á obtención do certificado de profesionalidade na especialidade de “IFCD0110 Confección e Publicación de páxinas web”.
En que consiste?
FORMAWEB III ten como un dos obxectivos específicos que o alumnado acade as competencias profesionais na creación e publicación de páxinas web, e ademais o alumnado-traballador recibe orientación, asesoramento e información profesional na busca de emprego e autoemprego, coa finalidade de aumentar as oportunidades de emprego e favorecer a súa inserción laboral.
Obradoiro de Emprego cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo, mediante a iniciativa de Emprego Xuvenil, programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020. O alumnado-traballador ten un contrato de formación-aprendizaxe, desenvolvendo un servizo de interese xeral e social, neste caso o deseño dun sitio web centralizado para o proxecto Vigo Vertical do Concello de Vigo.