Logos

En que consiste?

Código de programación web

Obradoiro de Emprego FORMAWEB III, no cal un total de 15 alumnos/as traballadores/as, incluídos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, reciben formación profesional para o emprego dirixida á obtención do certificado de profesionalidade na especialidade de “IFCD0110 Confección e Publicación de páxinas web”.

Código y logo Formaweb III

FORMAWEB III ten como un dos obxectivos específicos que o alumnado acade as competencias profesionais na creación e publicación de páxinas web, e ademais o alumnado-traballador recibe orientación, asesoramento e información profesional na busca de emprego e autoemprego, coa finalidade de aumentar as oportunidades de emprego e favorecer a súa inserción laboral.

Teclado de un ordenador

Obradoiro de Emprego cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo, mediante a iniciativa de Emprego Xuvenil, programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020. O alumnado-traballador ten un contrato de formación-aprendizaxe, desenvolvendo un servizo de interese xeral e social, neste caso o deseño dun sitio web centralizado para o proxecto Vigo Vertical do Concello de Vigo.

Competencias

logo de HTML5

HyperText Markup Language (linguaxe de marcas de hipertexto). Linguaxe de marcas que se utiliza para desenvolver páxinas de Internet.

logo de CSS3

Cascading Style Sheets. Linguaxe creado para controlar o aspecto ou presentación dos documentos electrónicos definidos con HTML e XHTML.

logo de JavaScript

Linguaxe de programación que se utiliza para crear páxinas web dinámicas incorporando efectos como texto que aparecen e desaparecen, animacións...

Vigo Vertical