logo Vigo Vertical
/ Obxectivos
ES

OT2: DESENVOLVER O USO E A CALIDADE DAS TICS E MELLORAR O ACCESO ÁS MESMAS

“Mellorar o acceso, o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación” pretende mellorar a “intelixencia” das cidades á vez que incrementar a usabilidade e accesibilidade de todos os servizos na Administración local electrónica, ao obxecto de mellorar a capacidade das cidades para revitalizarse económica e socialmente, con independencia das características dos/as usuarios/as en condicións de igualdade real, tendo en conta a fenda dixital de xénero.

Ver máis

OT4: PROMOVER A ECONOMÍA BAIXA EN CARBONO

“Favorecer o paso a unha economía de baixo nivel de emisión de carbono en todos os sectores”, parte da necesidade de que as cidades poñan en marcha plans de mobilidade urbana sostible, que se articulen en torno ao transporte urbano limpo, transporte colectivo, conexión urbana-rural, melloras da rede viaria, transporte ciclista, peonil, mobilidade eléctrica e desenvolvemento de sistemas de subministración de enerxías limpas, fomentando o cambio cara a modos de transporte brandos, tendo en conta o acceso aos servizos públicos e a mobilidade entre o domicilio e o traballo.

Ver máis

OT6: CONSERVAR O MEDIO AMBIENTE E IMPULSAR A EFICIENCIA DOS RECURSOS

“Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos” ten por obxectivo mellorar e promover o estado de conservación do patrimonio cultural, histórico-artístico das cidades así como incrementar o número de visitantes que son atraídos ás cidades como consecuencia do atractivo do seu patrimonio histórico, artístico e cultural.

Ver máis

OT9: FOMENTAR A INCLUSIÓN SOCIAL E A LOITA CONTRA A POBREZA

“Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera discriminación”, céntrase en conseguir unha mellora de forma integral da contorna física, económica e social de áreas urbanas desfavorecidas, co obxectivo de mellorar a cohesión social e a calidade de vida nunha perspectiva de integración laboral e socio-económica dos grupos destinatarios das intervencións. Avanzar, no ámbito urbano, cara ao obxectivo de reducir en 1,4-1,5 millóns o número de persoas en situación de risco de exclusión (UE2020). E, por último, atender en especial ao colectivo de persoas maiores, atendendo ás necesidades das mulleres maiores, e ás mulleres que están en risco de exclusión.

Ver máis