logo Vigo Vertical
/ Dixitalización
ES

OT2: DESENVOLVER O USO E A CALIDADE DAS TICS E MELLORAR O ACCESO ÁS MESMAS

Mellorar o acceso, o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación.

v de vertical

LA1: MODERNIZACIÓN DA ADMINISTRACIÓN

• INTERCONEXIÓN ADMINISTRATIVA.

A mellora e extensión dos servizos electrónicos ofrecidos á cidadanía e a automatización de procesos administrativos, modernizando os sistemas de xestión municipais, requiren a integración dos sistemas de información entre administracións, co obxectivo de favorecera interoperabilidade para o intercambio de datos.

• EXPEDIENTE ECONÓMICO DIXITAL.

Desenvolvemento dos web-services necesarios para conseguir unha integración entre os datos económicos e administrativos das aplicacións que dan soporte á Recadación, Xestión Tributaria e Xestión Administrativa.

• MODERNIZACIÓN ADMINISTRATIVA.

As actuacións a desenvolver teñen como obxectivo modernizar a plataforma de xestión da administración municipal dotándoa das funcionalidades e ferramentas que faciliten o incremento de produtividade e a implementación dunha contorna “smart working”. A cidadanía percibirá unha administración máis áxil, eficiente e rápida ante os seus requirimentos.

• ARQUIVO DIXITAL.

Incorporar os expedientes administrativos xa arquivados e que se atopan en formato papel ao arquivo dixital único da Administración Municipal. Posta en marcha dun programa que permita a progresiva dixitalización dos fondos dos arquivos do Concello de Vigo.

aula con ordenadores

• SISTEMA DE ACCESIBILIDADE WEB MULTIFUNCIONAL PARA As WEBS MUNICIPAIS

As actuacións a desenvolver dentro deste proxecto perseguen facer fronte á fenda dixital en todos os seus ámbitos, tanto na mellora da accesibilidade á información, mostrándoa de forma estruturada, sinxela e orientada a diferentes perfís, como na capacidade de acceso á canle (Internet, dispositivo,etc.), así como prestar unha especial atención a colectivos desfavorecidos con dificultades motoras, deficiencias visuais, etc.

LA2: LANZAMENTO DUNHA ESTRATEXIA DE ACCESIBILIDADE TIC

• REDE SEN FÍOS “WIFI”

Subministración dunha rede sen fíos “Wifi” e un sistema de xestión centralizado que mellore a accesibilidade TIC na contorna municipal para uso corporativo e para acceso publico na internet.

chica co movil

LA3: DESEÑO E IMPLANTACIÓN DA IDENTIDADE DIXITAL DO CIDADÁN

• PASS VIGO

Mellora da calidade do servizo que o concello presta aos/ as cidadáns/as simplificando os trámites e xestións para o uso dos servizos municipais a través dunha “Identidade dixital”, multidispositivo, que poderá utilizarse non só de forma física senón en aplicacións móbiles e outros dispositivos compatibles.

tarxeta da pass vigo

LA4: PLATAFORMA GLOBAL DE XESTIÓN “CIUDAD SMART CITY”

• PLATAFORMA GLOBAL DE XESTIÓN CIDADE INTELIXENTE (SMART CITY)

Sistema de xestión da información da cidade de maneira centralizada, facilitando a toma de decisións e sentando as bases para poder chegar a crear un modelado preditivo en determinados sectores. A plataforma consolidará un Sistema Central de Xestión e Análise de Datos da Cidade compatible coa norma UNE 178104 e integrará un conxunto de solucións que darán resposta aos novos retos aos que se enfronta unha cidade eficiente, logrando mellorar a coordinación dos servizos municipais e avanzar cara a unha cidade intelixente con novas ferramentas “cidade” interconectadas.

foto do concello wifi

LA5: POSTA EN MARCHA DUNHA ESTRATEXIA DE OPEN GOVERNMENT A NIVEL MUNICIPAL

• SISTEMA DE XESTIÓN DE ROTEIROS, PUNTOS DE INTERESE E EXPOSICIÓNS INTERACTIVAS, MEDIANTE O USO DE BEACONS E A SÚA INTEGRACIÓN COA APP VIGO MUNICIPAL E A PLATAFORMA SMART CITY VCI+ 2.0

As actuacións para implementar dentro deste proxecto perseguen desenvolver un sistema de xestión de roteiros, tanto en exteriores como en interiores, con elementos de interese asociados, e que permita a interacción co usuario (yincanas, audioguías interactivas en museos, etc.) mediante dispositivos bluetooth “beacons” e a aplicación móbil municipal “Vigo”, xunto coa integración na Plataforma Smart City VCI+ 2.0.

v de vertical